O TEMPO ESTIVO O SUFICIENTEMENTE BEN PARA PODER CELEBRAR A FESTA.
MERECIÁMOLO, DESPOIS DE TRABALLAR MOITO SOBRE CONTOS E TEXTOS INSTRUTIVOS, ARTE DE OUTONO, XOGOS DESTA ESTACIÓN, ADIVIÑAS OUTOUNAIS, INVESTIGACIÓNS SOBRE COMO SE CELEBRA A FESTA,...
ESTE ANO O MAGOSTO TIVO MÁIS XOGOS QUE EN NINGÚN CURSO. REQUIRÍU DE MOITA ORGANIZACIÓN, PERO A PROBA FOI SUPERADA CON MOITO ÉXITO. NON FALLOU NADA!
HOUBO XOGOS QUE ENSINARON AS FAMILIAS, PERO TAMÉN XOGOS EMPRESTADOS POLO CONCELLO DO GROVE... UNHA AUTÉNTICA MARABILLA DE XOGOS COS QUE GOZAMOS MOITO.
NON PODÍAN FALTAR AS CASTAÑAS ASADAS!
PACO CUMPRÍA ESTE ANO OS 25 ANOS ELABORANDO MAGOSTOS, E CLARO, SAÍULLE ESTUPENDO AXUDADO POLAS ALUMNAS E OS ALUMNOS DE 6º, QUE FIXERON UN TRABALLO FENOMENAL COLABORANDO TAMÉN NO REPARTO E NA TITORIZACIÓN COAS PEQUENAS E OS PEQUENOS.
AGORA QUÉDANOS RECOLLER A FESTA EN NOTICIAS, DEBUXOS, FOTONOVELAS,...
DEIXÁMOSVOS UNHAS POUCAS FOTOS. HAI MÁIS NOS BLOGS DE NIVEL E NO BLOG DO EQUIPO DE DINAMIZACIÓN.
AS NENAS E OS NENOS DE 6º AXUDARON COA ORGANIZACIÓN, AS PROFES E OS PROFES NON PARARON DE TRABALLAR NIN UN INTRE, PACO ACHEGOU TAMÉN O TRABALLO XUNTO COA SÚA INESTIMABLE EXPERIENCIA E BO SABER NO TEMA DO ASADO:
ENTRE OS PREPARATIVOS ESTIVO O DA ELABORACIÓN DE CUCURUCHOS, INFANTIL XA OS ELABORARA DÍAS ANTES E EN TRES ANOS CON AXUD A DO ALUMNADO MAIOR. NALGUNHAS CLASES ELABORARON CESTIÑAS
O PROGRAMA DA CELEBRACIÓN TIÑA DE TODO:
ASÁRONSE AS CASTAÑAS.
OS XOGOS APARECERON EN CADA ESPAZO DO CENTRO E ALGÚNS CELEBRÁRONSE AO AIRE LIBRE
COMÉRONSE AS CASTAÑAS.