ONTE COMEZARON AS CLASES E BEN QUE SE NOTOU NO PATIO: FAMILIAS, NENAS E NENOS, PROFESORADO,...
HABÍA MILES DE PREGUNTAS, REENCONTROS, SAÚDOS, APERTAS DE AFECTO,...
NAS CLASES AS MASCOTAS AGARDABAN COAS SÚAS NOVIDADES DAS VACACIÓNS E CON MILES DE PREGUNTAS COMA SEMPRE. DEIXARON UNHA CARTA:
OLA!
QUE BEN QUE XA VINDES AO COLE E QUE PODO APRENDER CONVOSCO COUSAS NOVAS!
QUE FIXESTES NAS VACACIÓNS?
EU FIXEN MOOOOOOOITAS COUSAS E ESCRIBINAS TODAS NO MEU DIARIO.
- ESTIVEN VISITANDO LUGARES DIFERENTES PARA PROBAR AS SÚAS COMIDAS TÍPICAS.
- VISITEI A CIDADE ONDE NACEU VERDI
- NAVEGUEI POLO OCÉANO PACÍFICO.... SABEDES QUE HAI 500 ANOS QUE O DESCUBRIRON?
- FUN VER O CANAL DE SUEZ.... A QUE NON SABEDES ONDE ESTÁ?
NO TEMA DAS VIAXES FALLÁRONME DÚAS: UNHA PORQUE HABÍA UNHAS COLAS INMEEEEENSAS PARA ENTRAR NESE SITIO E NON DEI PASADO A FRONTEIRA E OUTRA PORQUE ALÍ HABÍA GUERRA E ERA PERIGOSO IR..
ADEMAIS LIN MOITO ( ESTIVEN LENDO CONTOS QUE FALEN DE COMER... E COÑECÍN NUN LIBRO A UN BURRIÑO CHAMADO "PLATERO") E VISITEI UN MUSEO CON CADROS DUN PINTOR CHAMADO GRECO.
UN BIQUIÑO DE BENVIDA A CADAQUÉN
NOS BLOGS DE NIVEL HAI ALGUNHAS FOTOS DO NOSO 1º DÍA DO CURSO NA CLASE.