BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

21/12/19

FELIZ 2020

REMATAMOS O TRIMESTRE CUNHA CHEA DE ACTIVIDADES.
DESCANSAMOS UN CHISQUIÑO E VOLVEMOS COMEZAR EN XANEIRO.

FELIZ 2020




20/12/19

REMATAMOS O ANO CUN PREMIO: HQR!2019

O CROSS ESCOLAR DO NOSO COLEXIO RECOÑECEUSE CO PREMIO HQR! 2019 AO MELLOR PROXECTO EDUCATIVO.
LEVAMOS MÁIS DE 25 EDICIÓNS.
GRAZAS A TODA A COMUNIDADE ESCOLAR QUE DURANTE TANTO TEMPO FIXO POSIBLE ESTA ACTIVIDADE.




CHOCOLATADA!

PARA REMATAR O TRIMESTRE E DESEXARNOS FELICES FESTAS E BO ANO 2020, QUE MELLOR QUE UNHA CHOCOLATADA CON ROSCA?
ASÍ QUE TIVEMOS A NOSA TRADICIONAL CHOCOLATADA (DEIXAMOS FOTOS E ALGUNHA MÁIS):
- DENDE MOI CEDIÑO AS ROSCAS ESTÁN DISPOSTAS
- AS MAMÁS E OS PAPÁS PREPARAN O CHOCOLATE:


- O CORO FAI O ÚLTIMO ENSAIO


- O APALPADOR ULTIMA OS SACOS COS AGASALLOS E CONTROLA QUE TODO ESTEA CORRECTO, MENTRES AGARDA QUE CHEGUE A APALPADORA:

NUN CHISCO REPARTIRÁN AGASALLOS POLAS CLASES ACOMPAÑADO DO SEU SÉQUITO.
COMEZAN POLO ALUMNADO MÁIS CATIVIÑO:



TÓCALLE A QUENDA AO ALUMNADO DE 6º E MAILO DO CORO, PORQUE TEÑEN MOITA TAREFA REPARTINDO CHOCOLATE E ACOMPAÑANDO Á APALPADORA E AO APALPADOR RESPECTIVAMENTE:

E DESPOIS O RESTO DO CENTRO... VESE QUE ESTABA TODO RIQUÍIIISIMO!





ALGUNHAS DAS MOITAS ACTIVIDADES DE FINS DE DECEMBRO

ESTE MES ESTIVEMOS CON MOITAS ACTIVIDADES DIFERENTES, NON PERDADES OS BLOGS DE NIVEL:
- REUNIUSE O CLUB DE LECTURA DE 3º  (VER MÁIS INFORMACIÓN NO BLOG DA BIBLIOTECA)

- ASISTIMOS A UNHA CONFERENCIA SOBRE SOROLLA DA MAN DO ALUMNADO DE 2º (MÁIS INFORMACIÓN NOS BLOGS)


cOMO XA VOS DIXEMOS: FIXEMOS TARXETAS, ADORNAMOS O COLEXIO, ELABORAMOS XOGOS ,...


APRENDER VOCABULARIO COS ROBOTS:





12/12/19

AS TARXETAS DE NADAL

CONTARÁMOSVOS NOUTRA ENTRADA QUE ESTABAMOS A FACER TARXETAS TENDO A MIRÓ COMO MODELO E INSPIRACIÓN .
POIS... VELAQUÍ ALGUNHAS DESAS TARXETAS















A DECORACIÓN DO COLEXIO VAI CAMBIANDO. É UNHA NOVA ÉPOCA

DENTRO DUNS DÍAS O APALPADOR APARECERÁ...
PERO DE MOMENTO...
AÍ ESTÁN AS NOSAS ÁRBORES ESTE CURSO.


10/12/19

O NOSO HORTO VAI TENDO XEITO...

O ALUMNADO MAIOR DO CENTRO FOI O PRIMEIRO EN PLANTAR NO HORTO.

NESTAS SEMANAS VAN IR PLANTANDO O RESTO DAS CLASES:

COLES DE BRUXELAS
ALLOS
ACELGAS
COLIFLOR...
IRÁN MEDRANDO NO HORTO.
Resultado de imagen de que plantar en invierno en el huerto

TODO COMEZOU A SEMANA ANTERIOR CUNHA CHARLA POR PARTE DE PERSOAS EXPERTAS... O ALUMNADO DE 5º E 6º APRENDEU OS RUDIMENTOS DA HORTA E...
AGORA VAN TRANSMITIR OS SEUS COÑECEMENTOS AO RESTO DO ALUMNADO QUE PANTARÁ O SEU CACHIÑO DE HORTO
MEDIR TEMPERATURA, HUMIDADE,... TOMAR NOTA DO REGADÍO,... SERÁN TAREFAS A FACER EN ADIANTE.

NOS BLOGS VAN IR CONTÁNDONOS A EXPERIENCIA.


5/12/19

CONSTITUCIÓN E DEREITOS HUMANOS

ESTES DÍAS NAS CLASES REFLEXIONAMOS SOBRE OS DEREITOS HUMANOS E A CONSTITUCIÓN USANDO MATERIAIS DIVERSOS:
- CONTOS
- VÍDEOS
- PÁXINAS WEB
- CARTEIS

APROVEITAMOS PARA CENTRARNOS ESTE ANO NO RELACIONADO COS DEREITOS MEDIOAMBIENTAIS E DA SAÚDE, ASÍ COMO NO DE IGUALDADE.

Resultado de imagen de derechos humanos"

3/12/19

MIRÓ É O PROTAGONISTA DAS NOSAS TARXETAS DE NADAL

NAS CLASES TRABALLAMOS SOBRE MIRÓ. ESTAMOS A TRABALLAR PARA FACER TARXETAS DE NADAL, TAL COMO VOS COMENTAMOS NO BLOG DA BIBLIOTECA.
ESTES DÍAS A MAMÁ DE ANTÓN E VERA, ESTIVO FALÁNDONOS DE MIRÓ A VARIAS CLASES.
VELAQUÍ UNHAS IMAXES DA CHARLA NA BIBLIOTECA

2/12/19

OS VILAXOGOS MEDRAN

ADEMAIS DAS PROPOSTAS DO CURSO PASADO ESTE ANO HAI ALGUNHA MÁIS.
OS VILAXOGOS SON UN ESPAZO ESTUPENDO PARA A INCLUSIÓN, A RESOLUCIÓN DE CONFLITOS E A TITORIZACIÓN ENTRE IGUAIS..