21/12/16
FELICES FESTAS E BO 2017
A COMUNIDADE ESCOLAR DO CEIP VILAVERDE DESEXA A TODAS E A TODOS FELICES FESTAS E BO ANO 2017.
COMA TODOS OS ANOS A TARXETA FOI ELABORADA COAS COMPOSICIÓNS DO ALUMANDO DO CENTRO:
Postal CEIP Vilaverde-Mourente 2016 by Slidely Slideshow
REMATAMOS O TRIMESTRE COA TRADICIONAL CHOCOLATADA
CEDIÑO COMÉZASE A PREPARAR A CHOCOLATADA
O ALUMNADO DE 6º AXUDA NA DISTRIBUCIÓN DA MESMA E DAS ROSCAS
O APALPADOR VISITA AS AULAS ACOMPAÑADO DO CORO DO COLEXIO.
O ALUMNADO DE 6º AXUDA NA DISTRIBUCIÓN DA MESMA E DAS ROSCAS
O APALPADOR VISITA AS AULAS ACOMPAÑADO DO CORO DO COLEXIO.
20/12/16
QUE VISITA!
Hoxe xogadores do CF Pontevedra (Mario Barco e Javier Bonilla) achegáronse ao noso cole para contestar algunhas preguntas do alumnado e recibir o noso entusiasmo polo equipo da cidade -que ademais celebra o seu 75 aniversario neste ano- .
Aquí están co alumnado maior, podedes ver fotos no blog de 4º e no de E. Física
Aquí están co alumnado maior, podedes ver fotos no blog de 4º e no de E. Física
As nenas e os nenos de educación infantil de 5 anos recibíronos con especial entusiamos porque neste trimestre estiveran a traballar sobre a nosa cidade e a historia do club. Mirade o que poñen no seu blog.
16/12/16
EXPOSICIÓN DE TARXETAS DO CONCURSO DE TARXETAS POSTAIS
DESPOIS DE ELABORAR TARXETAS PARA FELICITAR CON MATERIAIS DIVERSOS...
AGORA TEMOS MOITAS DELAS EXPOSTAS POLO CENTRO.
SE VISITADES OS CORREDORES BOTADE UNHA OLLADA.
AQUÍ VAI UNHA PEQUENA MOSTRA.
SE VISITADES OS CORREDORES BOTADE UNHA OLLADA.
AQUÍ VAI UNHA PEQUENA MOSTRA.
13/12/16
O APALPADOR CHEGA E NÓS PENSAMOS NOS XOGUETES
PRETO DA BIBLIOTECA ANDA O APALPADOR.
INDA É PRONTO PERO XA CHEGOU PARA PRESENTARSE.
INDA É PRONTO PERO XA CHEGOU PARA PRESENTARSE.
ISO FÍXONOS PENSAR NOS XOGUETES, CARTAS PARA PEDILOS, TIPOS DE XOGUETES E XOGOS E REFLEXIONAMOS SOBRE ELES
TAMÉN PENSAMOS QUE PODEMOS PEDIR AGASALLOS ALTERNATIVOS E MOI EMOCIONANTES...
TEREMOS SUXESTIÓNS VARIADAS DENDE O BLOG DA BIBLIOTECA.
11/12/16
VAI VIR O APALPADOR!
POR ESTAS DATAS MOITOS PERSONAXES QUEREN DARNOS AGASALLOS...
EN GALICIA, UN PERSONAXE INTERESANTE É O APALPADOR.
IMOS AVERIGUAR QUEN É!
IMOS LER SOBRE EL
A NOITE DO APALPADOR
VER VÍDEOS
7/12/16
NESTES DÍAS...TARXETAS!
TODO O CENTRO ANDA OCUPADO NO DESEÑO DE TARXETAS E NO TRABALLO RELACIONADO COS TEXTOS QUE PODEN LEVAR:
HAI OBRADOIROS CON TÉMPERA, CON PAPEL DE AGASALLO, CON CARTOLINA, CON ESTAMPACIÓNS, CON DEBUXO XEOMÉTRICO, CON...
HAI PROPOSTAS EN EQUIPOS COOPERATIVOS...
HAI ALGÚN MINIPROXECTO,..
A IDEA É DESEÑAR "TARXETAS CON ARTE".
ANIMÁDESVOS A COMPARTIR A TAREFA CONNOSCO?
PODEDES DARNOS ALGUNHA IDEA?

1/12/16
TRABALLAMOS AO REDOR DOS DEREITOS E DEBERES
NESTES DÍAS TRABALLAMOS SOBRE OS DEREITOS DA INFANCIA E OS DEREITOS HUMANOS, ASÍ COMO SOBRE A NOSA LEXISLACIÓN FUNDAMENTAL QUE OS RECOLLE.
NA BIBLIOTECA O ALUMNADO TAMÉN PODERÁ ESCOITAR HISTORIAS RELACIONADAS NUNHA ACTIVIDADE TITULADA "CONTAMOS COS DEREITOS".
NA BIBLIOTECA O ALUMNADO TAMÉN PODERÁ ESCOITAR HISTORIAS RELACIONADAS NUNHA ACTIVIDADE TITULADA "CONTAMOS COS DEREITOS".
25/11/16
CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO
TRABALLAMOS NAS AULAS A PARTIR DE TEXTOS DIFERENTES, ALGÚNS DOS CALES TEMOS RECOLLIDOS NO BLOG DA NOSA BIBLIOTECA.
REFLEXIONAMOS.
DEBATEMOS
COMENTAMOS
REXEITAMOS CALQUERA TIPO DE VIOLENCIA.
SUMÁMONOS Á LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
REFLEXIONAMOS.
DEBATEMOS
COMENTAMOS
REXEITAMOS CALQUERA TIPO DE VIOLENCIA.
SUMÁMONOS Á LOITA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
19/11/16
CELEBRAMOS O DÍA DA PALABRA COA MASCOTA DA BIBLIOTECA
LAMPI ESTÁ MOI TRABALLADOR.
ULTIMAMENTE NON PARA DE ESCRIBIRNOS CARTAS.
O LUNS AGÁRDANNOS UNHAS MOI CURIOSAS NAS AULAS...
NUNS DÍAS PODEREDES VER NO BLOG DA BIBLIOTECA AS PALABRAS QUE CADA CLASE CONSENSUOU.
ULTIMAMENTE NON PARA DE ESCRIBIRNOS CARTAS.
O LUNS AGÁRDANNOS UNHAS MOI CURIOSAS NAS AULAS...
O 23 DE NOVEMBRO É O DÍA DA PALABRA, UN DÍA MOI ESPECIAL PARA LAMPI QUE ADORA AOS LIBROS E ÁS PALABRAS QUE NEL APARECEN.
NUNS DÍAS PODEREDES VER NO BLOG DA BIBLIOTECA AS PALABRAS QUE CADA CLASE CONSENSUOU.
11/11/16
HOXE MAGOSTO
VARIOS DÍAS LEVA XA ANTÍO NO COLEXIO.
ESTE ANO ANDA POLA BIBLIOTECA.
AGARDOU CON IMPACIENCIA A QUE CHEGASE O MAGOSTO... CO QUE LLE GUSTAN AS CASTAÑAS!
HOXE, POR FIN VAI LEVAR UNHA ATACADURA DO FROITO QUE MÁIS LLE GUSTA PORQUE... HOXE TEMOS MAGOSTO!
CEDIÑO COMÉZASE COA ASADO DAS CASTAÑAS QUE TROUXO O ALUMNADO.
HAI XOGOS VARIOS
E... A COMER! HOXE, DÍA DE SAN MARTIÑO, CELEBRAMOS O MAGOSTO.
MENTRES 6º E PACO ASAN AS CASTAÑAS
O ALUMNADO ESTÁ NAS AULAS ULTIMANDO OS TRABALLOS SOBRE O MAGOSTO
OBSERVAMOS OS PREPARATIVOS
REALIZAMOS XOGOS NO PATIO O ALUMNADO DE INFANTIL: "CASTAÑA POR DETRÁS" E "CASTAÑA PETRIFICADA"
PREPARÁMONOS PARA RECIBIR AS CASTAÑAS
COMEMOS!!!
XOGAMOS A CASTAÑA BOOOM
XOGAMOS Á CASTAÑA PETRIFICADA
RECOLLEMOS

Magosto CEIP Vilaverde-Mourente 2016 from Alba Blanco on Vimeo.
10/11/16
VISITAS Á AULA MUSEO DA NATUREZA DO IES SÁNCHEZ CANTÓN
NENAS E NENOS DE 1º E 2º FORON VISITAR AO IES SÁNCHEZ CANTÓN O MUSEO DA NATUREZA NO QUE TEÑEN ANIMAIS VARIADOS.
O ALUMNADO TIÑA INTERESE EN VER ANIMAIS DO BOSQUE A TAMAÑO REAL, VER AS SÚAS CARACTERÍSTICAS E OBTER ALGUNHA INFORMACIÓN MÁIS DA QUE XA TIÑAN E BUSCARAN NA AULA.
NO SEU BLOG CONTAN A EXPERIENCIA.
O ALUMNADO TIÑA INTERESE EN VER ANIMAIS DO BOSQUE A TAMAÑO REAL, VER AS SÚAS CARACTERÍSTICAS E OBTER ALGUNHA INFORMACIÓN MÁIS DA QUE XA TIÑAN E BUSCARAN NA AULA.
NO SEU BLOG CONTAN A EXPERIENCIA.
7/11/16
UNHAS PEGADAS MISTERIOSAS NO CORREDOR
ESTA SEMANA CHEGAMOS E ATOPAMOS UNHAS PEGADAS NO CORREDOR.
CONDUCÍAN Á BIBLIOTECA.
ALÍ AGARDABA UNHA EXPOSICIÓN E UN CONVITE PARA A LECTURA.
CONDUCÍAN Á BIBLIOTECA.
ALÍ AGARDABA UNHA EXPOSICIÓN E UN CONVITE PARA A LECTURA.
4/11/16
A NOSA BIBLIOTECA CONTINÚA TRANSFORMÁNDOSE
A TRANSFORMACIÓN DA BIBLIOTECA CONTINÚA.
AGORA É UN SOUTO DE OUTONO QUE ACOLLE A ANTÍO (QUE XA ESTÁ PREPARADO PARA GOZAR DO MAGOSTO) E ADEMAIS GARDA UNHA EXPOSICIÓN DE LIBROS RELACIONADOS COA ESTACIÓN NA QUE ESTAMOS.
NON DEIXEDES DE VISITALA.

27/10/16
CONTACONTOS NA BIBLIOTECA
A NOSA BIBLIOTECA ESTÁ CAMBIANDO...
CONVÉRTESE NUN SOUTO!
NESTA SEMANA HAI SESIÓN DE CONTACONTOS SOBRE CONTOS CON BOSQUE...
PODEDES VER MÁIS NO BLOG DA BIBLIOTECA
CONVÉRTESE NUN SOUTO!
NESTA SEMANA HAI SESIÓN DE CONTACONTOS SOBRE CONTOS CON BOSQUE...
PODEDES VER MÁIS NO BLOG DA BIBLIOTECA
26/10/16
UNHA EXPOSICIÓN EN 6º
O ALUMNADO DE SEXTO, DESPOIS DO TRABALLO AO REDOR DOS SERES VIVOS, DE VISUALIZACIÓNS EN LUPA BINOCULAR E MICROSCOPIO, DE CENTRARSE NA ESTRUTURA DAS CÉLULAS,...
ELABORA A SÚA INTERPRETACIÓN PLÁSTICA DAS CÉLULAS VEXETAIS E ANIMAIS E COLOCA A SÚA EXPOSICIÓN NO CORREDOR INTERAULAS, PODEDES PASAR VISITALA.
ELABORA A SÚA INTERPRETACIÓN PLÁSTICA DAS CÉLULAS VEXETAIS E ANIMAIS E COLOCA A SÚA EXPOSICIÓN NO CORREDOR INTERAULAS, PODEDES PASAR VISITALA.
12/10/16
MOITAS EXPERIENCIAS NO LABORATORIO
ESTAS SEMANAS AS CLASES ESTÁN USANDO O LABORATORIO OU INSTRUMENTAL DO MESMO COMO FONTE DE INFORMACIÓN PARA APRENDER SOBRE:
- O CORPO HUMANO
- OS MINERAIS E AS ROCHAS
- AS PLANTAS
- OS INCENDIOS
- OS MATERIAIS
...
MÁIS INFORMACIÓN NOS BLOG DE NIVEL
- O CORPO HUMANO
- OS MINERAIS E AS ROCHAS
- AS PLANTAS
- OS INCENDIOS
- OS MATERIAIS
...
MÁIS INFORMACIÓN NOS BLOG DE NIVEL
10/10/16
OBRADOIROS SAUDABLES
PARA TRABALLAR AO REDOR DA DIETA MEDITERRÁNEA O ALUMNADO DE 3º, 4º, 5º E 6º TIVO ESTES DÍAS UNHA CHARLA NA BIBLIOTECA E UN OBRADOIRO PARA ELABORAR UN PRATO.
8/10/16
LAMPI PREPARA BIBLIOTECA PARA RECIBIR Á MASCOTA DO MAGOSTO
LAMPI MANDOU UNHA CARTA ÁS CLASES PARA QUE LLE AXUDEN A PREPARAR A BIBLIOTECA PARA RECIBIR A ANTÍO.
QUERE FACER UN SOUTO...
QUERE FACER UN SOUTO...
4/10/16
LAMPI ANDA ARGALLANDO ALGO
ESTES DÍAS HAI MOITO MOVEMENTO POLA BIBLIOTECA... QUE PASARÁ?
NON SABEMOS QUE ANDARÁ ARGALLANDO LAMPI... DIRÁNOLO CUNHA CARTA?
AO MELLOR É QUE COMO CHEGOU O OUTONO...
NON SABEMOS QUE ANDARÁ ARGALLANDO LAMPI... DIRÁNOLO CUNHA CARTA?
AO MELLOR É QUE COMO CHEGOU O OUTONO...
25/9/16
O PLAN DE ACOLLIDA
DURANTE OS PRIMEIROS DÍAS DE CLASE TRABALLAMOS CO PLAN DE ACOLLIDA.
NEL AS MASCOTAS DAS AULAS SAÚDANNOS E COMENTAN NUNHA CARTA AS TEMÁTICAS XERAIS DO CURSO, ADEMAIS DESENVÓLVENSE ACTIVIDADES DE PRESENTACIÓN, FORMACIÓN DE EQUIPOS, REDACCIÓN DE NORMAS DE CLASE, COÑECEMENTO DE RUTINAS E MATERIAIS QUE USAREMOS, COÑECEMENTO DA AXENDA E USO, ...
TAMÉN SON INTRODUCIDAS TAREFAS DE ANIMACIÓN LECTORA
E PÓÑENSE AS BASES DOS PRIMEIROS PROXECTOS QUE SE ABORDARÁN NAS AULAS COMO:
- OS INCENDIOS
- O CORPO HUMANO
- A CIDADE DE PONTEVEDRA
- OS MATERIAIS
- MINERAIS E PLANTAS
-...

21/9/16
XUNTANZAS COAS FAMILIAS
O MARTES PASADO COMEZARON AS XUNTANZAS COAS FAMILIAS DOS NIVEIS.
AS PRIMEIRAS FORON AS XUNTANZAS COAS FAMILIAS DE 5º E DE 6º.
SEGUIRÁN AS DE 4º, EDUCACIÓN INFANTIL, 3º, 2º E 1º.
ADEMAIS DE PRESENTACIÓNS, USARANSE FOLLETOS PARA COMENTAR ALGÚNS ASPECTOS RELEVANTES.
AS PRIMEIRAS FORON AS XUNTANZAS COAS FAMILIAS DE 5º E DE 6º.
SEGUIRÁN AS DE 4º, EDUCACIÓN INFANTIL, 3º, 2º E 1º.
ADEMAIS DE PRESENTACIÓNS, USARANSE FOLLETOS PARA COMENTAR ALGÚNS ASPECTOS RELEVANTES.
12/9/16
XA ESTAMOS NAS CLASES
HOXE COMEZAMOS.
POLA MAÑÁ HABÍA, A PARTES IGUAIS, ILUSIÓN POLO REENCONTRO E NERVIOS POLAS NOVIDADES.
COMEZAMOS FACÉNDONOS COA NOVA CLASE E BUSCANDO A NOSA CADEIRA E O NOSO EQUIPO NELA.
FALAMOS UN POUQUIÑO DE COMO FORON AS VACACIÓNS E TRABALLAMOS COAS NOVIDADES DA AULA (NOVIDADES QUE XA VOS CONTAREMOS NA CASA).
CLICADE AQUÍ E VEREDES ALGUNHAS FOTOS

4/9/16
FALTA POUQUIÑO... DENTRO DUNS DÍAS COMEZAREMOS UN NOVO CURSO
AS NENAS E OS NENOS ESTÁN A PIQUES DE COMEZAR UN NOVO CURSO.
SERÁ O CURSO 2016-2017.
NEL HABERÁ MOITAS NOVIDADES E NOVAS TEMÁTICAS INTERESANTES
AS MASCOTAS XA ANDAN POLO CENTRO FACENDO DAS SÚAS... SEGURO QUE ALGO DEIXARÁN NAS AULAS.
SERÁ O CURSO 2016-2017.
NEL HABERÁ MOITAS NOVIDADES E NOVAS TEMÁTICAS INTERESANTES
AS MASCOTAS XA ANDAN POLO CENTRO FACENDO DAS SÚAS... SEGURO QUE ALGO DEIXARÁN NAS AULAS.
DEICA O 12!
23/6/16
O ALUMNADO XA ESTÁ DE VACACIÓNS
NENAS E NENOS ESTÁN DE VACACIÓNS.
O VERÁN SERÁ LONGO E PRÉSTASE PARA FACER MOOOOITAS COUSAS.
O PROFESORADO PASOU ÁS FAMILIAS UNHAS POUQUIÑAS SUXESTIÓNS PARA FACER E LER, HAI PARA ESCOLLER SEGUNDO OS GUSTOS DE CADAQUÉN.
DEICA SETEMBRO!
O VERÁN SERÁ LONGO E PRÉSTASE PARA FACER MOOOOITAS COUSAS.
O PROFESORADO PASOU ÁS FAMILIAS UNHAS POUQUIÑAS SUXESTIÓNS PARA FACER E LER, HAI PARA ESCOLLER SEGUNDO OS GUSTOS DE CADAQUÉN.
DEICA SETEMBRO!
22/6/16
O ÚLTIMO DÍA DO CURSO 2015-2016
NAS PRIMEIRAS SESIÓNS DE CLASE, IMOS PREPARAR A FESTA DE DESPEDIDA NAS CLASES.
DESPOIS DO RECREO UN MINIFESTIVAL PECHA AS ACTIVIDADES DESTE INTENSO CURSO, RECOLLE ALGUNHAS DAS ACTIVIDADES QUE O ALUMNADO PRESENTOU NO FESTIVAL DO SÁBADO (BAILES, ACTUACIÓNS CON INSTRUMENTOS MUSICAIS INDIVIDUAIS E DE GRUPO,...)
5º ESTE CURSO, NON FARÁ A DESPEDIDA NO CENTRO SE NON QUE TERÁ UNHA SAÍDA: UN PERCORRIDO POLO SUR DA NOSA PROVINCIA QUE PODEREDES VER EN FOTOS NO SEU BLOG.AQUÍ VAN UNHAS POUQUIÑAS

17/6/16
FESTIVAL NO COLEXIO
ESTE SÁBADO NO COLEXIO HAI UN FESTIVAL.
HABERÁ BAILES, MOSTRAS DAS ACTIVIDADES DO ALUMNADO, CANCIÓNS, XOGOS,...
AO FESTIVAL ESTÁ CONVIDADA TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA E TAMÉN AQUELAS FAMILIAS, NENAS E NENOS QUE FORMARÁN PARTE DELA O VINDEIRO CURSO.
E ADEMAIS HAI UNHA COMIDA CONXUNTA.
DEIXAMOS FOTOS

13/6/16
ACOLLIDAS: 1ª FASE
ESTA SEMANA COMEZAN AS ACOLLIDAS DO ALUMNADO NAS NOVAS AULAS/ETAPAS ÁS QUE SE INCORPORARÁN O CURSO VINDEIRO:
- 1º VAI ACOLLER AO ALUMNADO DE E.INFANTIL DE 5 ANOS, PARA QUE COÑEZAN AULAS E MATERIAIS
- 3º ACOLLERÁ A 2º
- 5º ACOLLERÁ A 4º
E INFANTIL DE CATRO ANOS AMOSARÁ AS AULAS QUE OCUPARÁ O ALUMNADO QUE AGORA CURSA INFANTIL DE TRES XA QUE O CURSO VINDEIRO CAMBIAN AO "EDIFICIO DE MAIORES"
10/6/16
AS PINGAS POLO MEDIO AMBIENTE
POLOS CORREDORES DO COLEXIO APARECERON VARIAS PINGAS E INDA APARECERÁN MÁIS.
SE LEMBRADES HAI UNHAS SEMANAS QUE VOS FALAMOS DO TRABALLO QUE ESTAMOS A DESENVOLVER SOBRE O MEDIO.
CADA CLASE DESEÑOU VARIAS PINGAS EN EQUIPOS COOPERATIVOS CON SUXESTIÓNS PARA COIDAR DO MEDIO.
SE LEMBRADES HAI UNHAS SEMANAS QUE VOS FALAMOS DO TRABALLO QUE ESTAMOS A DESENVOLVER SOBRE O MEDIO.
CADA CLASE DESEÑOU VARIAS PINGAS EN EQUIPOS COOPERATIVOS CON SUXESTIÓNS PARA COIDAR DO MEDIO.
8/6/16
SEXTO ESTÁ DE EXCURSIÓN
O ALUMNADO DE SEXTO ESTÁ DE EXCURSIÓN.
CELEBRAN ASÍ TER FINALIZADO A ETAPA.
A ISO DAS 13 HORAS XA ESTABAN EN AVILÉS.
CELEBRAN ASÍ TER FINALIZADO A ETAPA.
A ISO DAS 13 HORAS XA ESTABAN EN AVILÉS.
7/6/16
1ª FASE DO PERÍODO DE ADAPTACIÓN DO ALUMNADO QUE SE INCORPORARÁ A 3 ANOS NO VINDEIRO CURSO
ESTA SEMANA, COMO XA VOS COMENTABAMOS NOUTRA ENTRADA, O ALUMNADO QUE SE INCORPORARÁ O VINDEIRO CURSO AO CENTRO VEU COÑECER O COLEXIO.
UN GRUPIÑO ENTRA NAS AULAS E O RESTO XOGA NO PATIO.
VELAQUÍ A NOVA XENERACIÓN...
UN GRUPIÑO ENTRA NAS AULAS E O RESTO XOGA NO PATIO.
VELAQUÍ A NOVA XENERACIÓN...
6/6/16
ALUMNADO NOVO NO CENTRO
AS NENAS E OS NENOS QUE CURSARÁN 4º DE EI (3 ANOS) O VINDEIRO CURSO VISITAN ESTA SEMANA O CENTRO.
HOXE ESTIVERON XOGANDO NO PATIO CO ALUMNADO XA ESCOLARIZADO.
VIÑERON ACOMPAÑADAS E ACOMPAÑADOS DE MAMÁ OU PAPÁ.
HOXE ESTIVERON XOGANDO NO PATIO CO ALUMNADO XA ESCOLARIZADO.
VIÑERON ACOMPAÑADAS E ACOMPAÑADOS DE MAMÁ OU PAPÁ.
28/5/16
O COIDADO DO MEDIOAMBIENTE
NESTES DÍAS NAS AULAS TRABALLAMOS SOBRE O MEDIOAMBIENTE.
SABEMOS QUE OS PROBLEMAS AMBIENTAIS AFECTAN A CASE TODOS OS ASPECTOS DA NATUREZA: AIRE, AUGA, FLORA, FAUNA,...
E NAS CLASES ESTAMOS TRABALLANDO SOBRE CALES PODEN SER AS NOSAS CONTRIBUCIÓNS AO COIDADO DO MEDIO.
NA BIBLIOTECA TEMOS UNHA EXPOSICIÓN DE LIBROS SOBRE A TEMÁTICA QUE PODEMOS LER PARA AXUDARNOS
E AS MASCOTAS REMITÍRONNOS UN POEMA E UNHA CHEA DE ENLACES A VÍDEOS E RECURSOS.
ELABORAREMOS "6 PINGAS PARA SALVAR O MEDIO"

Medioambiente from xianadecide
ELABORAREMOS "6 PINGAS PARA SALVAR O MEDIO"
21/5/16
ILUSTRANDO POEMAS DE MANUEL MARÍA
CADA CLASE DO CENTRO ILUSTRA UN POEMA DE MANUEL MARÍA DESPOIS DE TER TRABALLADO SOBRE O AUTOR E A SÚA OBRA. OS RESULTADOS COMEZAN A APARECER POLOS CORREDORES DO CENTRO.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)