BENVIDA

Ola nenas! Ola nenos! Benvidas e benvidos á bitácora oficial da asociación de mascotas do colexio.

25/9/14

A MASCOTA DA BIBLIOTECA DEIXA ALGO NAS AULAS

LAMPI ANDOU MOI ATAREFADA NESTES DÍAS POÑENDO EN ORDE A BIBLIOTECA, MAIS...
XA ESTÁ LISTA PARA FACERNOS PROPOSTAS!
NAS CLASES IRÁ DEIXANDO COUSIÑAS...
A MASCOTA DA BIBLIOTECA

23/9/14

E OS PROXECTOS VAN COMEZANDO




NAS CLASES VAN XURDINDO PROXECTOS MOI INTERESANTES, ALGÚNS RELACIONADOS COA 1ª CARTA DA MASCOTA NESTE CURSO, OUTROS PROCEDENTES DUNHA LISTAXE DE INTERESES DO ALUMNADO, OUTROS COMO CONTINUIDADE DO QUE INICIARON A FINAIS DO CURSO PASADO, OUTROS PORQUE...
O CASO É QUE XA HAI PROXECTOS EN MARCHA... TENDES CURIOSIDADE? AS IMAXES PODEN DAR PISTIÑAS:







21/9/14

OS PLANS DE ACOLLIDA

NESTES PRIMEIROS DÍAS NAS CLASES ESTIVEMOS TRABALLANDO CO PLAN DE ACOLLIDA.
SON AS PRIMEIRAS ACTIVIDADES QUE FACEMOS PARA:
- COÑECER A AULA
- PREPARAR AS NORMAS DE AULA
- CHEGAR A ACORDOS SOBRE COMO PRESENTAR O MATERIAL
- MANEXARNOS POLO ESPAZO DO CENTRO
- LEMBRAR QUE APRENDEMOS O CURSO PASADO E VER QUE ASPECTOS NON NOS QUEDARON MOI AFIANZADOS, A AVALIACIÓN INICIAL XUSTAMENTE ESTÁ PARA ISO
- REENCONTRARNOS COAS COMPAÑEIRAS E COS COMPAÑEIROS E COA MASCOTA (QUE XA TIÑA UNHA CARTIÑA CON TAREFAS PARA NÓS)
- BOTAR UN OLLO AO QUE IMOS APRENDER ESTE CURSO
- IR PLANIFICANDO OS HORARIOS E USANDO A AXENDA

10/9/14

HOXE HAI CLASE

HOXE COMEZAN AS CLASES.

IMOS ESTAR:
-  AS NENAS E OS NENOS QUE REMATAREMOS PRIMARIA, AS E OS MAIORES DO COLEXIO QUE ACTUAREMOS MOI RESPONSABLEMENTE PORQUE SOMOS O MODELO PARA O RESTO DO ALUMNADO
- AS NENAS E OS NENOS QUE VEÑEN A UN COLEXIO POR PRIMEIRA VEZ.
- AS NENAS E OS NENOS QUE COMEZAN NESTE CENTRO DESPOIS DE QUE ESTIVERON XA NOUTROS CENTROS O CURSO PASADO
- AS NENAS E OS NENOS QUE PASAN A PRIMARIA
- AS NENAS E OS NENOS QUE...
TAMÉN VAN ESTAR OS NERVIOS, A CURIOSIDADE,  O REENCONTRO, AS NOVAS AMIZADES, OS NOVOS MATERIAIS, O NOVO PROFESORADO E O QUE XA ESTABA NO CENTRO,...

BO E FELIZ CURSO PARA TODAS E TODOS
Un día María,
camiño da escola,
fixo unhas preguntas,
moi, pero que moi boas:
- Avoa...
por que as nubes
teñen formas variadas?
Por que cando chove...
parecen queimadas?
- Xa soa o timbre...
falamos á tardiña?
Entra logo á clase.
Entra, bule, axiña!

A nena, na clase
deixa a mochila...
mais segue coa pregunta
cavila e cavila.
...

A pregunta inqueda,
dá curiosidade,
é coma un aguillón
que pica de verdade.

...
Que gran aventura
a de coñecer!
Unha pequena dúbida
promove aprender.




1/9/14

COMEZA UN NOVO CURSO: 2014/2015

COMEZAMOS UN NOVO CURSO.
VIRÁ CHEO DE NOVIDADES COMA SEMPRE E SOBRE TODO CHEO DE CIENCIA E FICCIÓN.
NESTES PRIMEIROS DÍAS MOITAS TAREFAS ENCHEN XA A VIDA DO CENTRO:
- PREPARACIÓN DAS AULAS
- XUNTANZAS DE COORDINACIÓN
- ORGANIZACIÓN DE MATERIAIS
- PROGRAMACIÓNS
-...

E AS VISITAS DO NOVO ALUMNADO AO CENTRO, SERÁN AS NENAS E OS NENOS QUE ESTARÁN EN TRES ANOS E QUE VEÑEN COAS FAMILIAS ENTREVISTARSE COAS PROFES, ÁS QUE VAN COÑECER UN POUQUIÑO MÁIS DE PRETO.